CxG ten a chave do goberno de Muros
Os resultados das Eleccións Municipais en Muros, deixan un empate entre as dúas forzas maioritarias, sendo o PP a forza máis votada, despois dunha pequena baixada, e dun tremendo baixón do PSdG. Un PSdG que parece que pode perder a alcaldía de Caridad González, pero calquera quiniela ten que contar con Compromiso por Galicia, que sacou en Muros os seus mellores resultados da zona.
3 actas de concelleiros conseguiron os membros de CxG, para a candidata María Xosé Alfonso, Quintena e Tono Uhia, que serán claves para formar goberno. E como nos conta a propia candidata, ex do BNG, pode pasar de todo.
”Estamos moi contentos polo resultado. Agora estou recibindo chamadas de todos os tipos, pero CxG de Muros aínda non nos reunimos, démonos un par de días de descanso, que necesitabamos, e ao finais de semana nos reuniremos”.
Recoñece que “non falamos aínda non ningún grupo político”, pero recorda que “non temos problema con calquera, e ademais, temos total liberdade na corporación local de aquí, e faremos o que nos pareza o máis sensanto. A idea é buscar a opción que nos permita desenvolver o noso programa”.
Alfonso recoñece que é unha mágoa que non chegue con pacta co BNG, que ten 2 concelleiros, “porque con eles si que ía ser fácil chegar a entendementos”. Xa que semella que coa aínda alcaldesa Caridad González, a relación non é moi fluída. “Coa actual alcaldesa sería o pacto máis difícil de darse”.
”Non nos fai ningunha gracia impulsar ou permitir un goberno do PP pero hai que ver as necesidades concretas de Muros onde temos unha líder do partido socialista que de socialista só ten as siglas. En todo caso, un goberno de centro-esquerda é unha posibilidade. É posible que prantexemos a dimisión de Caridad para pactar co PSOE, porque demostrou ao longo dos anos non é boa para Muros”.
Sobre o posible pacto entre CxG e PP, recoñece que a relación con Inés Monteagudo, a candidata do PP é moi boa, “a nivel de organizacións, entre CxG e PP non hai ningunha similutude polo é difícil o pacto, pero non imposible. Non hai nada que nos impida falar máis alá das diferencias ideolóxicas”.
Atentos estaremos ata o 13 de xuño, o día do pleno de investidura.
Novas relacionadas
- 10 maiorías absolutas, 5 do BNG, 3 do PSdG e 2 do PP, e 8 concellos quedan pendentes dos pactos.
- Eleccións #24M Muros: O PP queda como forza máis votada nun pleno con 4 forzas igualadas.
- MUROS: Moitas caras novas por Muros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).