Luns. 23.09.2019
El tiempo

Dous incendios durante estes días en Muros

Dous incendios durante estes días en Muros
Helicoptero antiincendios nun lume de Louro Helicoptero antiincendios apagando o lume de Louro

Dous incendios rexistáronse ao longo destes dous días en Muros. O primeiro dábase o martes 14 sobor das 16:40h preto da aldea de Taxes (Louro), a apenas 200 metros. Ao parecer unha chispa dun tractor puido ser a causante do mesmo, e gracias á rápida intervención o incendio non foi máis grande. Aínda así non foi sofocado ata as 21:34h. Foron arrasadas 2,6 hectáreas en raso. Traballaron 3 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas e 3 helicópteros.

https://www.facebook.com/863838857072496/videos/218909795455944/?t=3 Bombeiros refrixerando o lume de Louro Bombeiros refrixerando o lume de Louro

Novo incendio en Punta Uhia

En xullo rexistráronse dous incendios en apenas 4 días na zona de Punta Uhia. Este mércores 15, de novo pola noite, (ás 0:00h) saltaba unha nova alerta por incendio forestal. Interviñeron Bombeiros Forestais Xunta e Concello, Motobombas Xunta, Axentes Forestales e Director de Extinción, Inf de Marina e GES, e en poucas horas foi controlado se ben os traballos de refrixeración duraron ata altas horas da madrugada.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/controlan-rapidamente-o-terceiro-incendio-fisterran-en-duas-semanas/ https://quepasanacosta.gal/segundo-incendio-en-4-dias-na-mesma-zona-de-punta-uhia/ https://quepasanacosta.gal/dous-sospeitosos-lumes-consecutivos-en-fisterra-e-un-en-muros-abre-a-temporada-de-incendios/

Comentarios