Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Muros pon en valor o tecido teatral local na presentación da Mostra de Teatro Xosé Agrelo

Presentacion Mostra de Teatro Xose Agrelo de Muros 2024
Na presentación participaron a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Lingua, Laura Rivadeneira; a concelleira Sandra Maneiro; o concelleiro Damián Torea, e representantes dos grupos de teatro O Xeito Teatro, Adisbismur, Aquelando Teatro e Quenchedera Teatro.
Muros pon en valor o tecido teatral local na presentación da Mostra de Teatro Xosé Agrelo

O Concello de Muros presentou hoxe a XVI Mostra de Teatro Xosé Agrelo, que forma parte da programación do Mes das Letras Galegas, con numerosas actividades para todas as idades. Un programa que se extenderá do 3 ao 25 de maio.

Cartel Mostra de Teatro Xose Agrelo Muros 2024
Cartel Mostra de Teatro Xose Agrelo Muros 2024

Unha grandes novidades da mostra deste ano é o cartaz, protagonizado por actores e actrices locais e que o concello quere que sirva como unha homenaxe ao tecido teatral local. “Na mostra deste ano os grupos locais terán unha presenza moi importante, aínda que tamén virán grupos de fóra”, explicou a alcaldesa, María Lago.
A concelleira Laura Rivadeneira incidiu “na importancia de que o teatro chege aos nenos e nenas; nesta mostra, todo o alumnado de Muros verá algunha representación”.

PROGRAMA

O día central será o 17 de maio, Día das Letras Galegas, co acto da ofrenda a Xosé Agrelo ás 13:30 horas na Alameda de Esteiro. Nesa xornada haberá actuacións musicais, así como charlas e presentacións de libros ao longo do mes.

Pero o programa é moito máis amplo.

Programa Mostra de Teatro Xose Agrelo Muros 2024 1

Programa Mostra de Teatro Xose Agrelo Muros 2024 2

Comentarios