Esteiro afronta a final do Campionato de Barrios na fin de semana do Carmen

Abelleira, Canchester, Pentacosta e Ciclóns foron os semifinalistas do Campionato de Barrios de Esteiro 2025. Fotos de Rober Pladur

Chega a fin de semana máis máxica de Esteiro. Chegan as Festas Festas do Carmen, que teñen o día grande formulado para o venres 15 agosto. Un día no que se recupera a procesión marítima con ofrenda floral aos mariñeiros, e que terá como cumio a gran final do Campionato de Barrios.

A presentación do programa das festas correu a cargo, por parte da Comisión de Festas Santa Mariña, do seu presidente, Adán Montes, Ana Mayo, Brais Fernández e José 'O Rabelo'. Por parte do Concello de Muros, estiveron a alcaldesa en funcións, Laura Rivadeneira, a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez, e o concelleiro de Deportes, Damián Torea.

O Torneo máis bonito do verán galego

A 46ª edición do Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo de verán do país, está a piques de rematar. Como nos describen as crónicas das semis de Róber Pladur, estes pasados 9 e de 10 de agosto, nun campo da Salina absolutamente ateigado, Ciclóns e Pentacosta metéronse na finalísima deste venres día 15 (ás 20:00h).

Os dous equipos tiveron que acodir aos penaltis tras empatar a 4 nos respectivos partidos ante Cánchester e Abelleira respectivamente.

PALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO