Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Os Ciclóns lévanse o XLV Campionato de Barrios de Esteiro a penaltis contra un gran Cánchester

Ciclons do Maio campions do Campionato de Barrios de Esteiro 2024-Foto-anamayoFdez
Os Ciclóns do Maio, campións do Campionato de Barrios de Esteiro 2024-Foto-@anamayoFdez
Os Ciclóns lévanse o XLV Campionato de Barrios de Esteiro a penaltis contra un gran Cánchester

Incrible o que acontece na Salina cada 15 de agosto. Centos de persoas ateigan o campo esteirán para a final dun torneo de verán, do mellor torneo de verán do planeta, probablemente. Chegaba ao seu fin, como cada San Roque, o  Campionato de Barrios de Esteiro, que este ano chegaba á súa XLV edición. Si, 45 anos de torneo estival veciñal desta parroquia independente. E o ambiente no Xosé Luís Vara non podía ser mellor, con máis dun milleiro de persoas nas bancadas.

O Xose Luis Vara ateigado na final do Campionato de Barrios de Esteiro
O Xose Luis Vara ateigado con máis dun milleiro de persoas para a final do Campionato de Barrios de Esteiro

Cánchester, actual campión malia levar 32 anos sen gañar o título, e os Ciclóns do Maio, gañadores da 40ª e 41ª edicións, presentábanse na final tras unha complicada primeira fase e unhas apretadas semis.

Non podía empezar de mellor maneira a contenda, coa agrupación cultural Xeitura amenizou tocando o himno galego ás gaitas.

Foi "un partido de tú a tú", como nos conta Rober Pladur, o eterno pichchi esteirán, xogador dos amarelos, "onde as ocasións de gol máis claras foron para os de Creo, chegando a ter dous goles anulados". O choque tivo que decidirse na tanda de penaltis, e foron os Ciclóns os que non erraron un só lanzamento, destatando a alegría no bando do Maio.

Canchester de Creo na final do Campionato de Barrios de Esteiro 2024
O Cánchester de Creo na final

Así foi a primeira fase:

PALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO

Comentarios