Cánchester, Campión despois de 32 anos!
- Martes 15 de Agosto, día da final do XLIV Campionato de Barrios de Esteiro: Abelleira 2-3 Canchester.
Ver pa creer, case un milleiro de persoas asolaron o Xosé Luis Vara de Esteiro para disfrutar da final do mellor torneo de fútbol de verán do país. As 18:00 foron teloneros os sub-15 os que demostraron que o futbol ten futuro na parroquia, cun partido entre os da Ponte de Aquí VS Ponte de Alá. O campo xa iba collendo color durante o encontro deixando poucos ocos nas bancadas e foi no treito final do partido cando o Xosé Luís Vara tiña un aforo case completo.
Antes de comenzar a Agrupación folclórica de Agrocovo amenizou ó son das gaitas varias pezas e o imno galego para dar comezo unha das finais máis presenciadas dos últimos anos.
Tamén facer nomeamento a un grupo de documentalistas Coreanos que quiseron dar visibilidade no seu país ó noso campionato con entrevistas e vídeos, facendo que o mesmo traspase todas as fronteiras.
O Cánchester de Creo, partía como favorito pola sua posición na clasificación pero foi o Abelleira o que levou a batuta do encontro. Adiantábanse no marcador nun rechace, cun gol lonxano de Adrián Riomayor, xogador da SD Esteirana. Os nervios estavan a flor de pel e notábase na fluidez do xogo. Os de Creo non daban atopado o seu prime ofensivo posto que o Abelleira ten unha das mellores defensas do campionato. Foi na execución dunha falta donde Víctor, porteiro do Abelleira, deixaba un balón morto para que Antón o empuxara e deixase 1-1 o marcador antes do descanso.
A volta dos vestiarios, o Cánchester saleu a por todas, pero un erro non forzado do dianteiro Róber Pladur nunha entrega ó equipo contrario creou a contra do que foi o 2-1 para Abelleira a man de Raúl. Abelleira colleu confianza e co marcador outra vez a favor era o que levaba o ritmo do partido.
Todo pintaba que o favorito Cánchester iba quedar outra vez as portas do título, pois non eran capaces de traspasar a increíble defensa de Abelleira (Tobío, Codesido, Dani de Jurjo e Davíd axudados polos mediocentros Alberto e Juán Piru). Foi noutra falta executada por o fracotirarock Patxi na que Róber Pladur tan so tivo que amosar a testa para mandala o fondo das mallas, e poñer o marcador outra vez en táboas. Na súa celebración facía un guiño o seu anterior equipo o Carallo Santo portando a elástica por debaixo.
O encontro non era apto para cardiacos pois os derradeiros 15 minutos foron continuas idas e vidas de ambos conxuntos.
Foi o AlphaSniper Patxi o que por terceira vez nun balón parado e a posterior peiteada de Antón colocaba o esférico donde o cancerbeiro do Abelleira non pudo chegar para colocarse por diante 2-3. Coma se soe dicir "Cause o estadio", tan so tiveron que aguantar 10 minutos o resultado para proclamarse Campións de Barrios despois de máis de 3 décadas e conseguir o seu 2° título na historia.
Despois viñeron os festexos e a entrega de trofeos da mán da Alcaldesa e Concelleiro de deportes. Donde os veteráns Daniel Mariño "Uru", Saúl e Abadín levantaban a ansiada copa de Campións. Álvaro Farinós (Abelleira) foi o máximo goleador do campionato.
Agradecer e darlle a noraboa unha vez máis a organización do campionato, os árbitros Xosé Carrilo, Xosé París, Marcelino e Tarujo por facelo posible. Como non, recordar a Manuel Martínez Brión. E a todas as persoas que axudan para que o Campionato de Barrios de Esteiro siga crecendo e sendo a millor competición non federada do país.
O sábado 19 o Cánchester celebrará o título coma é costume na Cañeiriña de Creo. Tamén fará a súa festa o Ciclóns do Maio na Pontella a mesma noite.
- (Crónica facilitada por Róber Pladur).
PALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO
- 2023: Métense na finalísima da Champions de Barrios de Esteiro o Abelleira e o Canchester.
- 2023: O Independiente de Uhia queda por primeira vez en décadas fóra das semis do Campionato de Barrios de Esteiro
- 2022: O Independiente repite título do Campionato de Barrios tras vencer a penaltis a un brillante Canchester
- 2019: O Independiente volve reinar no Campionato de Barrios de Esteiro
- 2018: Os Ciclóns do Maio levan, por segundo ano, o mítico Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2018: Recta final do mítico Torneo de Barrios de Esteiro coas Semis.
- 2017: Os Ciclóns do Maio, campións do 40 Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2016: O Independiente faise co campionato de Barrios.
- 2015: Abelleira campións dos Barrios de Esteiro de 2015.
- 2014: O Independiente, campión do Campionato de Barrios de Esteiro 2014.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular: Independiente de Uhia faise co título.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.