O Independiente de Uhia queda por primeira vez en décadas fóra das semis do Campionato de Barrios de Esteiro
- Rober Pladur tráenos a crónica do torneo de verán máis lonxevo da comarca.

Un Campeonato de Barrios histórico o desta XLIV edición, que despois de máis de 3 décadas deixa o Independiente de Uhía fóra das semifinais.
Intrépida esta fase final da liguilla do campionato de barrios, onde ata o último encontro se mantivo a tensión por saber quen serían os equipos en conseguir o ansiado pase a semifinais.
Foron os equipos do Cíclons do Maio con 10 puntos, o Cánchester de Creo con 10
puntos e o Pentacosta de Tal-Tras da Costa con 9 puntos os primeiros en lograr o pase a semifinais.
Foi no último encontro entre Abelleira e o Carallo Santo de Solleiros onde o gañador conseguiría esa derradeira plaza para a ansiada semifinal. No caso de rematar en empate, o pase a semifinal outorgaríaselle o Independiente de Uhía, mantendo a intriga ata o final. Finalmente foi Abelleira o que se impuxo por un 3-1 para pasar como 4º clasificado.

O sábado 12 comezan as semifinais co encontro entre Ciclóns e Abelleira, e serán Cánchester e Pentacosta os que se enfronten o Domingo 13. Unhas semifinais onde como dato curioso temos que o Independiente de Uhía, Rei de copas (16) e 5 na última década,
despois de máis de 30 anos non consigueu clasificarse a semifinais.
Vibrante esta fin de semana onde coñeceremos os equipos finalista desta 44º Edición do Campionato de Barrios. A final será como é costume o festivo 15 de Agosto, martes.
A Clasificación quedou da seguinte maneira:
