mércores. 26.03.2025
El tiempo

Esteiro sumérxese no Planeta Dragón

Esteiro sumérxese no Planeta Dragón

Este venres 11 de febreiro ás 19:00h. a Casa da Sociedade de Esterio, acolle o acto de presentación do libro Planeta Dragón, premio de Editorial La Plana (Barcelona) ao mellor libro 2010. Un libro feito na casa, pois a súa autora, Mª José Viñas Tobío, veciña de Esteiro.

Trátase de un libro de aventuras que pretende achegar a historia e a filosofia ó público. A tumba de apóstolo, a catedral de Santiago de Compostela, catedral de Jaén, casco antigo de Toledo... Pitágoras, Platón, Plotino, Marsilio Ficino, Kant, etc. Desfilan pola novela en un intento de interpretar a realidade, para que os lectores coñezan o seu pensamento. Analízase a beleza, os símbolos, o medo, as aparenzas, e a través dos mitos preténdese chegar á esencia do ser humano.

O domingo, sesión musical para os pequechos

A oferta para o máis pequenos complétase o domingo 13 de febreiro na Casa da Cultura, cando se desenvolva un Obradoiro musical e un concerto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Axencia de Lectura da Casa da Sociedade de Esteiro.

Comentarios