sábado. 15.03.2025
El tiempo

Un investimento de 800.000€ para os portos de Muros e Esteiro

Conselleiro de Mar coa alcaldesa de Muros
Un investimento de 800.000€ para os portos de Muros e Esteiro

Nunha visita da comitiva da Consellería do Mar, anunciouse o investimento de Portos de Galicia de máis de 800.000 euros en distintas actuacións ao longo deste ano que redundarán na mellora das infraestruturas e servizos dos portos muradáns. 

O proxecto máis importante é a obra de reconstrución dun tramo de peirao na dársena interior de Muros, que se atopa en fase de licitación dos traballos. O prazo de presentación de ofertas remata o 17 deste mes. Esta actuación, orzamentada en 361.000 euros suporá a reconstrución de 18 metros de peirao para reforzar a súa estabilidade afectada pola propia acción do mar.

Destacaron tamén o proxecto para a mellora da rampla de Esteiro, que se atopa xa redactado. As obras, que se prevé que poidan iniciarse antes
de final de ano consistirán na construción dunha rampla de descarga para dar servizo ás embarcacións menores con base no porto sobre o peirao existente. Contan cun orzamento de 215.000 euros e un prazo de execución de 6 meses.
Esta actuación dá resposta a unha demanda reiterada pola confraría de pescadores de Muros.

Comentarios