José Manuel Bermúdez presentou o seu terceiro libro na casa
O pasado domingo 7 de setembro, o restaurante O Castelo, en Muros, acollía a presentación do terceiro libro do autor local José Manuel Bermúdez. Xa estiveramos na presentación do seu “Muros, Un mar de historia”, e hoxe volvemos a Muros para coñecer a novela titulada "Mucho antes de ser mujer", publicada pola editorial Finis Terrae_ediciones.
No acto de presentación Falarán o representante da editorial, José Castro; a psicóloga muradá Raquel González Bermúdez, e o mesmo autor da obra, José Manuel Bermúdez quen, tralo seu discurso, estivo a disposición dos presentes para responder as súas preguntas e finalizando o acto coa sinatura de exemplares e dedicatorias. Foi José Castro o que lamentou a falta de apoio do Concello muradán.
Unha novela de ficción
Trátase dunha novela cuxo argumento xira en torno ao mundo das drogas e dos que se atopan detrás dese negocio. Unha historia contada en primeira persoa por unha moza, que comeza desde a súa infancia ata a súa adolescencia, un período durante o cal a súa vida dá unha serie de xiros debido as circunstancias e as súas relación. É un libro de ficción cun certo contido de advertencia cara aos rapaces é rapazas que se deixan seducir polo poder é a ambición.
Bermúdez xa ten publicado a novela "De la luz a las tinieblas", (united p.c.) e o libro sobre a historia de Muros titulado "Muros, un mar de historia”, editado por 2.0 Editora. A diferencia do segundo libro, que se tratou mais dun traballo de investigación no cal se escribo sobre a historia da vila, aportando datos contrastados e cronoloxicamente ordenados, neste caso trátase, ao igual que no seu primeiro traballo, trátase dunha novela de ficción.
A obra está xa a venta na web da editorial e poderase atopar nas mais importantes librerías de España e nas principais tendas de libros on-line en breve.Novas relacionadas
- Muros segue volcado cos libros e presenta Un mar de historia, de José Manuel Bermúdez.
- A festa da fotografía celebrouse en Muros.
- Manuel Rivas doou o seu primeiro millar de libros á Biblioteca de Vimianzo.
- A #PrazadosLibros reafírmase como referente galego cultural e de vendas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).