Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O mar e a hostalería da ría de Muros e Noia berrou o "Non á mina; si á ría"

Manifa Noia San Finx-Foto-Manuel Maria Candamo
Foto-Manuel Maria Candamo
O mar e a hostalería da ría de Muros e Noia berrou o "Non á mina; si á ría"

Multitudinaria foi a proposta vivida este sábado en Noia contra a autorización das verteduras da mina de San Finx e en defensa da pesca. Milleiros de veciñ@s e profesionais dos sectores do mar, do turismo e da hostalería da ría de Muros e Noia acodiron á chamada da Cofraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, xunto á Cofraría de Pescadores S. Andrés de Portosín e Mexilloeiros Olvimar.
Tamén estiveron esta mañá fronte ao Concello membros de colectivos como Adega, Verdegaia ou Ecoloxistas en Acción, e representantes dos partidos políticos así como alcaldes da comarca xunto a organizacións sociais que durante estes días fixeron público o seu apoio a esta mobilización.

Manifa Noia San Finx-Foto-Manuel Maria Candamo 2
Foto-Manuel Maria Candamo

”Non a mina, sí a ría” era o lema principal da concentración, que pide que a Xunta revoque a autorización do vertido á rede fluvial da ría de centos de miles de metros cúbicos de achiques de mina, cargados con metais pesados como o cadmio, cobre e zinc, procedentes da antiga mina de volframio e estaño de San Finx, en Lousame. “Un feito inaudito e perigoso para a propia existencia da comarca”, consideran.
Porque a pregunta que todos se fan na comarca é: “Como se pode permitir o baleirado de millóns de metros cúbicos de augas contaminadas con metais pesados cando a mina non conta cos permisos necesarios para funcionar?”

Houbo presenza de mariñeir@s de Muros, pero se cadra sería importante unha declaración oficial do pósito muradán para confirmar o rexeitamento de toda a flota a esta medida.

No acto anunciáronse novas mobilizacións en Santiago fronte á Xunta e en outros puntos da comarca, así como a intención de recorrer ao Contencioso Administrativo se a Xunta non rectifica.

manifa Noia san finx

Comentarios