Martes. 15.10.2024
El tiempo

As mulleres do mar cobran protagonismo xacobeo en Muros

folleto-a muller os oficios do mar - mmm21 copia2
As mulleres do mar cobran protagonismo xacobeo en Muros

Esta fin de semana Muros celebra o “Encontro A Muller os Oficios do Mar e a súa repercusión no Camiño”. Un novo evento arredor da nova vía Xacobea, que trae un completo simposio acompañado dun singular programa Cultural.

Un programa que pretende poñer en valor a vida das mulleres do mar a través do coñecemento dos seus oficios, estudando tamén a súa repercusión no Camiño a Compostela, tanto no acollemento aos peregrinos que chegaban por mar, como na distribución/ comercialización dos produtos do mar polos pobos de interior, en especial polo Camiño dende a Ría de Muros – Noia a Compostela, que existe dende a Baixa Idade Media.

As charlas servirán para lembrar a fundación en 1380 do Hospital de San Pedro onde se auxiliaba aos peregrinos afectados dalgunha doenza. As charlas desenvolveranse durante a tarde do venres 9, todo o sábado e a mañá do domingo 10, e cómpre facer inscrición previa. Estarán xentes como Monste París, Adela Lestón, Juanma Martínez, Xiana Iglesias, Rosa Mayo, Alexandra García, Esther Carrodeguas… e charlas singulares como mulleres como Agustina Cubelo e Elvira Rei, Pura do Peixe, Delia Lago, Mayka González ou Rut Sousa.

Haberá numerosas actividades complementarias, como as visitas teatralizadas cos pasarrúas mariñeir@s, obradoiros, teatro, exposicións ou música.

folleto-a muller os oficios do mar - mmm21 copia

Comentarios