Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muros acolle a exposición fotográfica "Oficios entre lusco e fusco"

Muros acolle a exposición fotográfica "Oficios entre lusco e fusco"
oficios-entre-lusco-e-fusco A mostra de Xosé Abad poderase visitar dende mañá ata o 10 de decembro O concello de Muros asina hoxe no salón de plenos da casa do Concello, un convenio con Abanca e Afundación polo cal o espazo municipal da sala de exposicións Muíño de Marea do Pozo do Cachón acollerá a mostra fotográfica «Oficios entre lusco e fusco». Este acordo é parte da iniciativa de Abanca e Afundación de trasladar as súas exposicións fóra dos seus espazos co obxectivo de achegalas a outras poboacións. A alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso Torres; a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores Fernández; e o director de zona de Abanca, José Antonio Seoane Gómez, serán os encargados de ratificar, mediante rúbrica, a colaboración das entidades. Horario de visita A exposición, que recolle o traballo fotográfico de Xosé Abad, é unha reflexión sobre a desaparición de múltiples oficios a causa da mecanización do traballo e a produción en masa. Esta mostra, de entrada libre e gratuíta, poderá visitarse dende mañá ata o 10 de decembro, en horario de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16:30 a 19 horas e os sábados de 10 a 16 horas. Fonte

Comentarios