Muros acolle unha xornada en rede sobre sons tradicionais con Susana Seivane e Antón Corral

09:02 31/08/22
Este 3 de setembro, os Muiños do Pozo do Cachón acollen unhas xornadas sobre música tradicional moi interesantes. “As mans da arte musical” chegan da man dos relatores Susana Seivane e Antón Corral.
Trátase do proxecto de traballo en rede “Interritmos Sons do Rural”.
Ademais, actuarán os gañadores de Interritmos 2022, as bandas Abril, e Tumba E Dálle.
Podes inscribirte neste formulario online.