Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muros acollerá a primeira granxa mariña de orella que xerará 120 postos de traballo

Muros acollerá a primeira granxa mariña de orella que xerará 120 postos de traballo

A vila de Muros podería acoller unha nova granxa mariña, logo de saber que ten posibilidade de albergar un cultivo de salmón da Arousa. Desta volta toca orella, i é que o Consello da Xunta aprobou esta semana o decreto polo que se declara a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución das obras do proxecto da granxa mariña e criadeiro de abalón (orella de mar) en Muros.

Sería o primeiro proxecto de acuicultura de nova creación desenvolvido e aprobado nos últimos 5 anos no marco do Plan Galego de Acuicultura. Este proxecto xerará máis de 120 empregos, 54 directos e máis de 70 postos indirectos, correspondentes a actividades como o mantemento e a recolección e aprovisionamento de microalgas para alimentar ás orellas de mar. O investimento total é de 3.503.250,59 euros.

Expropiacións

O proceso para facerse cos terreos foi semellante ao criticado no seu día co Plan Acuícola. As empresas teñen liberdade de negociar cos veciños, os que moitas veces, por ignorancia ou por medo, venden os seus terreos moi por debaixo do prezo mínimo. Desta volta, no procedemento de expropiación vense afectadas 86 parcelas e no 98% dos casos a expropiación afecta unicamente á cabeceira das fincas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios