Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muros celebrará unha Homenaxe Nacional a Domingos Dosil

Muros celebrará unha Homenaxe Nacional a Domingos Dosil

Este sábado 15 de setembro de 2012 a antiga fábrica de Sel de Muros acollerá unha homenaxe moi especial. O BNG muradán hai realizar unha Homenaxe Nacional a Domingos Dosil Cubelo, coñecido ex alcalde falecido o pasado febreiro, e un dos grandes loitadores pola igualdade social da bisbarra a través da entidade COGAMI.

Dosil foi nomeado Fillo Predilecto de Muros.

O acto será presentado pola responsable local do BNG en Muros, Laura Eiras Rivadeneira, e polo actor Rodrigo Molinos Romero. O cumprido programa desta homenaxe, elaborado pola organización nacionalista muradana, conta coas actuacións da Coral Don Diego de Muros, do Grupo Folkórico Rumial e do cantante esteirán José Ramón Núñez. Están tamén previstas as intervencións do ex-concelleiro do BNG, Manuel María Pena Silva, do presidente da asociación cultural muradana SORUM, Domingo Guerra París e do presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Ademais do xa mencionado portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios