O BNG de Muros recupera o fío da actualidade


Volvemos recibir novas do BNG muradán trala excisión dos 3 edís que forman parte da corporación municipal. E hoxe, Laura Eiras, a nova responsable local do BNG muradán, infórmanos que mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa de Muros, para tratar a posible homenaxe ao ex alcalde nacionalista Domingos Dosil Cubelo, falecido o pasado febreiro.
Pola súa banda Caridade González amosou a súa predisposición, en nome do concello de Muros, a colaborar no acto coa infraestrutura precisa. Así pecháronse cuestións como a ubicación do acto, antiga fábrica de Sel, ou a data, primeira quincena de setembro.
Participación na vida política
Noutra orde de cousas, os representantes do BNG fixéronlle saber a rexedora a súa "intención de participar activamente na vida política municipal, unha vez desposeídos da sua lexítima representación institucional". Deste xeito, "implementaranse mecanismos de traballo que posibiliten a esta formación levar a cabo os seus compromisos programáticos". Laura Eiras resalta “a necesidade de que tódolos veciños estean representados, tamén os votantes do BNG. Seguiremos traballando para defender os dereitos e intereses dos muradáns”.
Novas relacionadas
- Un Seminario recuperou a memoria dos campos de concentración de Muros.
- O BNG rexeita a proclamación de tres alcaldes da época franquista como fillos predilectos de Muros. O PSOE quere declarar fillos predilectos de Muros a Domingo Dosil e 3 alcaldes franquistas.
- 3 edís nacionalistas de Muros abandonan o BNG e quédanse coas actas de concelleiros.
- Muros estrémecese polo pasamento de Domingo Dosil.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Muros.