Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Muros combate contra un problema estrutural cun completo programa polo 8M

Maruxa Martinez Maria Lago e Julia Quinteiro Presentacion 8M MUROS
Maruxa Martínez, Maria Lago e Julia Quinteiro presentando o programa do 8M muradán
Muros combate contra un problema estrutural cun completo programa polo 8M

COMUNICADO DE PRENSA O CONCELLO DE MUROS PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN POLO DÍA DA MULLER CON ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN PARA TODAS AS IDADES --

O Concello de Muros presentou esta fin de semana a súa programación do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con diferentes actividades de concienciación para todas as idades. Unha programación comezará con dúas sesións de contacontos os días 5 e 6 de marzo, para dar paso o xoves 7 a un coloquio sobre coidados e autocoñecemento feminino. O propio 8 de marzo celebrarase unha concentración e lectura de manifesto por parte dos centros educativos e unha visita guiada sobre ‘O papel da muller’ polo conxunto histórico e o Museo do Mar. Ata o día 22 de marzo seguirán as actividades por todo o Concello de Muros.

A alcaldesa, María Lago, considera que “a desigualdade é un problema estrutural que esixe unha resposta social forte”, polo que confía en que as actividades previstas sirvan “para reflexionar e seguir avanzando para acadar o obxectivo dunha igualdade real e efectiva”. Lago convida a veciñanza “a participar nas actividades para conmemorar esta data tan sinalada e importante, para seguir loitando pola igualdade e construír deste xeito unha sociedade mellor”.

Pola súa parte, Martínez destacou a importancia de conmemorar este día “para recoñecer tanto os avances feitos ata o momento en materia de igualdade de xénero e feminismo como para reivindicar os que aínda están por facer”. A

Programa 8M Muros 2024

Comentarios