Muros tamén terá Wimax
11:30 17/11/10
Se por Corme andan colocando as antenas, por Zas continúa o proxecto Zas Dixital en marcha, e por Corcubión a wifi funciona como pode, o Concello de Muros tamén fai o seu para achegar a rede ás parroquias.
As primeiras que terán rede Wimax serán os núcleos muradáns de Tourea e Abelleira, para os que a Deputación destina preto de 100.000€. A tecnoloxía Wimax pode dar cobertura e acceso de banda ancha wireless a unha área bastante extensa e a instalación das antenas para transmitir e recibir, formando estacións base, son sinxelas e rápidas de instalar, polo que se considerou a solución idónea para esta contorna xeográfica.
Rede de saneamento en Abelleira
Ademais, o alcalde de Muros, Domingos Dosil Cubelo, asinou co presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, outro convenio para reparar a rede de sumidoiros da parroquia de Campo Cortes por un importe de preto de 60.000€.Novas relacionadas
- Continúa o proxecto Wimax de Zas.
- Corcubión conéctase á wifi.
- Ciencia e Tecnoloxías, con Mario Rodróguez: Galiza tamén a vangarda das novas tecnoloxías.
- A Costa participa nun proxecto de integración das Novas Tecnoloxías na ensinanza.
- 3 representantes da Costa da Morte na cúpula das TIC galegas.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia.
Fonte
- Deputación da Coruña.