Nova obra de saneamento do Concello de Muros

O Concello de Muros xa comezou as obras de saneamento na marxe dereita de Serres, que contan cun orzamento de 170.609,14 euros.
“Outro paso máis no noso obxectivo prioritario de mellorar o saneamento en Muros, levando o servizo a zonas que carecían del e mellorando a rede existente”, asegura a alcaldesa, María Lago, que visitou os traballos coa concelleira de Obras, Laura Rivadeneira. “É un servizo prioritario que repercute ademais nunha actividade moi importante no noso concello, como é o marisqueo”, engade a alcaldesa.
Rivadeneira lembra que “tamén comezarán nas próximas datas os traballos de saneamento de Ribeira do Maio (250.000 euros) e unha actuación para o saneamento e a renovación do pavimento da rúa Real (238.300 euros)”.
A día de hoxe, o investimento na rede neste mandato xa supera os 1,5 millóns de euros e as actuacións continuarán nos próximos meses.