xoves. 01.05.2025
El tiempo

O CEIP Canosa Rus e o IES Plurilingüe Fontexería gañan os premios Concepción Arenal con proxectos para a igualdade

O CEIP Canosa Rus e o IES Plurilingüe Fontexería gañan os premios Concepción Arenal con proxectos para a igualdade
premio-concepcion-arenal Representantes dos alumnos e alumnas do CEIP Canosa Rus e do IES Plurilingüe Fontexería asistiron onte á entrega de premios O alumnado do CEIP Canosa Rus de Coristanco e o IES Plurilingüe Fontexería de Muros - xunto co C.R.A. Culleredo - veñen de recoller os premios Concepción Arenal otorgados pola Deputación da Coruña. A deputada responsábel das áreas de Igualdade e Servizos Sociais, Ánxela Franco, foi a encarga de realizar a entrega dos galardóns. Na súa intervención, Ánxela Franco agradeceu o compromiso e participación dos centros gañadores e de todos os que se presentaron a esta iniciativa e convidou a seguir traballando por construír a igualdade tamén desde os centros. “Temos claro que estas idades son fundamentais á hora de traballar por un futuro en igualdade e, por esta razón, son moitas as iniciativas que impulsamos encamiñadas nenas e nenos que é onde podemos actuar de cara un futuro máis xusto”, sinalou Ánxela Franco que valorou tamén a calidade dos proxectos presentados. O premio consiste en 5.000 euros por cada unha das modalidades. Na modalidade B, á que se presentaron proxectos de educación primaria, o gañador é o CEIP Canosa Rus, do concello de Coristanco, co seu proxecto "Cambiando a perspectiva no rural" do que o xurado recoñeceu a súa orixinalidade e a "interesante relación entre os distintos niveis, a claridade das accións e dos obxectivos, a implicación das actividades na contorna e a variedade de participantes do centro. Destaca a vinculación das actividades ás competencias curriculares". Este centro tamén foi o gañador do premio no concurso do ano pasado. Na modalidade C de Educación secundaria, o proxecto gañador foi o presntado polo IES Plurilingüe Fontexería do concello de Muros, titulado "Nos tamén navegar". O xurado ten en conta que este proxecto "fala claramente de feminismo, moi contextualizado na situación actual das mulleres e propón actividades a desenvolver con facilidade para o alumnado". Destaca tamén a presentación do proxecto baseado na experiencia de anos de traballo da Comisión de Igualdade do Instituto. "Pretenden promover un diálogo interxeneracional entre as alumnas e as mulleres adultas da contorna", valora un xurado que estivo composto pola Doutora do departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña, Ana Sánchez Bello, o presidente da Asociación Sociopedagóxica Galega, Xoán Costa e a Técnica de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, Paula Filgueiras e presidido pola Deputada da área, Ánxela Franco, escolleron os tres proxectos gañadores da nova edición do Premio Concepción Arenal para proxectos educativos. O Premio Concepción Arenal quere recoñecer o compromiso e a implicación dos centros educativos públicos á hora de promover a igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios