O Goberno de Muros reduce o soldo nun 15%

09:20 14/09/12

Onte houbo novo Pleno no Concello de Muros. E un dos temas principais foi a redución do soldo do equipo de Goberno. Os grupos da oposición, os 3 edís nacionalistas e o PP, votaron a favor da redución nun 15% do soldo dos membros do equipo de Goberno e os seus asesores, polo que a partir do 1 de outubro farase efectivo.
Esta medida hai que sumarlla ao Plan de Axuste, que xa implica que os concelleiros non cobren por pleno.
Iso si, a pesar do Plan de Axuste e da subida de impostos do goberno central, non se verán afectados os prezos das taxas por trámites administractivos e expedición de documentos. Tampouco se lle cobrará a aquelas persoas que acudan ao punto limpo.
Novas relacionadas
- Muros celebrará unha Homenaxe Nacional a Domingos Dosil.
- Musta e Chaima din adeus a Muros e volven á realidade do Sáhara.
- Muros recupera o seu patrimonio sacro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).