O muradán José Manuel Bermúdez ponse de irmadiño na súa cuarta novela

O pasado xoves, día 2 de xullo, presentouse no hotel Araguaney de Santiago de Compostela o cuarto traballo literario do veciño de Muros, José Manuel Bermúdez: “A revolta dos gorrións”, unha novela histórica baseada na gran revolta irmandiña do 1467.

A obra, na que se mestura realidade e ficción, relata as vicisitudes dun labrego das terras ferrolás, que se uniu ao exército irmandiño na revolta social contra os señores feudais.

O autor, no centro da fotografía, estivo acompañado por outros catro muradáns: Manuel González Maceiras, Juan Caamaño Cebreiro, Juan Jesús Gestal Otero e Domingo Guerra. José Manuel Bermúdez, comentou que xa está traballando na súa vindeira novela, e que posiblemente a terá rematada este mesmo ano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal).