Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Muros segue volcado cos libros e presenta Un mar de historia, de José Manuel Bermúdez

Muros segue volcado cos libros e presenta Un mar de historia, de José Manuel Bermúdez
Jose Manuel Bermudez asinando o seu libro

Nova presentación literaria a que acolleu o pasado sábado casa da cultura de Muros. Tras coñecermos a a primeira novela Fran Lestón, e de novo da man de 2.0 Editora, do loureán Antón Lado, a vila muradá descubriu as marabillas no libro “Muros, un mar de historia”, do escritor, tamén da casa, José Manuel Bermúdez.
Ao acto asistiron ademais unhas cen persoas que participaron directamente no evento a través de unha rolda de preguntas que estaba programada para o final da presentación.

O insigne e condecorado escritor local, Marcelino García Lariño, (Marcelo da Rabela), acompañou ao autor e foi parte protagonista do acontecemento ao pronunciar unhas verbas coas cales deu a coñecer ao público algúns datos sobre a biografía de José Manuel Bermúdez.
Un escritor que publicaba a súa primeira obra o pasado17 de xaneiro de 2013 e tratase dunha novela catalogada entre o misterio e o suspense que leva como título, “De la luz a las tinieblas”, editada por United p.c.

Jose Manuel Bermudez xunto a Marcelo da Rabela

Entre o numeroso público atopábase a case totalidade dos integrantes dos grupos municipais da oposición, si ben se botou en falta a presenza de algunha das autoridades do Concello, posto que, a pesar de tratarse dunha obra sobre Muros e a súa historia, non asistiu ningún represente da concellería de cultura nin do partido no poder. A pesar destas notables ausencias a presentación foi todo un éxito é os alí presentes tiveron a ocasión de seren os primeiros en adquirir a obra.

Ó terminar o acto, Bermúdez estivo asinando exemplares do seu libro, o cal estará nas librerías a partir deste luns, e a venta en internet a próxima semana.

Boa asistencia a presentacion do libro de Jose Manuel Bermudez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios