Luns. 14.10.2024
El tiempo

A rapazada protagoniza o Mercadiño Solidario de Nadal de Muros

  • Este xoves hai concerto de cámara
Así se anunciaba o Mercadiño hai anos
A rapazada protagoniza o Mercadiño Solidario de Nadal de Muros

O venres 16 de decembro, a partir das 10:00h, o Mercado de Muros inaugura a décimo oitava edición do Mercadiño Solidario de Nadal. Este Mercadiño está coorganizado polo concello de Muros, os centros de ensino do municipio e o centro ocupacional de Valadares, pon á rapazada como verdadeira protagonista.

A intención é recadar fondos para algunha ONG que atenda a familias necesitadas, que nesta edición será de novo para as delegacións de Cáritas do municipio. Ademais, o mercadiño serve para concienciar aos máis novos sobre as diferenzas na nosa sociedade e a importancia de colaborar coas entidades que traballan coas familias menos favorecidas.

Para todo isto o alumnado confecciona ornamentos de Nadal que eles mesmos venden neste Mercadiño, e este ano tamén van a recoller alimentos e produtos de primeira necesidade nos centros, que logo será entregado todo ás devanditas ONGs.
O programa complétase coas actividades organizadas polas bibliotecas de Esteiro e Muros.

Concerto de cámara

Un día antes, o xoves 15, ás 19:00, o grupo UNTÏA, integrado polos Músicos de Cámara da Orquestra Sinfónica de Galicia. Juan Ferrer ao clarinete; Ludwig Dürichen ao violín; Carolina Witoslawska ao violín; Luigi Mazzucato á viola; Raúl Mirás ao violoncelo e Todd Williamson ao contrabaixo, interpretarán no Auditorio do Centro Cultural de Muros un programa singular, aberto a todo o mundo, pero con invitados especiais do alumnado da ESMU Municipal de Muros, que tamén deleitarán co seu propio concerto xusto unha semana máis tarde, o xoves 22, neste mesmo espazo.

Comentarios