Rosalía vén coñecer á rapazada de Muros
15:05 14/04/21
Este sábado 17 de abril, ás 18:00 h, o Auditorio do Centro Cultural de Muros acolle a obra “Rosalía”, de Culturaactiva.
Rocío González e Cristina Collazo protagonizan esta obra para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Fina Calleja. O espectáculo trasládanos a Rosalía de Castro na súa nenez, a unha Rosalía atrevida, máxica, activa e que nos
amosa o porque da súa obra dun xeito realmente ameno e divertido.
Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia.
As entradas teñen que ser reservadas nas oficinas do centro cultural, ou no teléfono 981762294, ao prezo de 2,50 €.