Os Saltarrejos quecen motores para a Andaina e BTT de Esteiro
04 de abril de 2025 (07:44 h.)
Queda tempo para o 18 de maio, pero mentres o sur da comarca pon o foco no BTT de resistencia de Muros e na BTT de Semana Santa de Carnota, Os Saltarrejos van quecendo motores para as dúas probas que abren o programa de eventos anual: A VI Andaina e VI BTT de Esteiro, que este ano chegan xutos para darlle máis ambiente e atraer así máis xente á vila.
A entidade fai público o cartel para que vaiamos reservando a data. A Andaina terá dúas posibilidades para adaptarse a todos os públicos de 10 e 20k, mentres que a BTT tamén contará con opción 35 e 45km.
As inscricións, xa abertas en Galitiming.com.
Máis novas da entidade