luns. 17.03.2025
El tiempo

Muros ten todo listo para a súa BTT de Resistencia

Muros BTT 23 feb
Muros ten todo listo para a súa BTT de Resistencia

As inmediacións do campo de fútbol Agra da Filgueira de Louro serán o escenario este próximo domingo, 23 de febreiro, do Campionato de Galicia de BTT (3 horas de resistencia), organizado polo Club Ciclista de Muros coa colaboración do Concello de Muros.

“Un evento importante que este ano pediu o Club Ciclista de Muros, co que estamos encantados de colaborar na organización”, afirmou esta mañá na presentación da proba o concelleiro de Deportes, Damián Torea, que convida á veciñanza “a asistir ao campionato para disfrutar da espectacularidade da BTT”.

Xunto a Torea, estiveron na presentación José Romero, presidente do Club Ciclista de Muros; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; a concelleira de Cultura, Caridad González; a de Obras, Laura Rivadeneira; a de Seguridade Cidadá, Sandra Maneiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Mario Martínez.

Desde as 10:00 horas do domingo, haberá probas desde Cadete a Master 60 en categorías feminina e masculina. Inscricións abertas ata este mércores, 19 de febreiro, en www.fgalegaciclismo.es

O Concello quere agradecer o traballo da Brigada de Obras municipal, Protección Civil de Muros, Policía Local, GES e Garda Civil de Muros.

Comentarios