Aberto o prazo para a BTT de Carnota de Semana Santa

Xa está aberto o prazo de inscrición da XII Ruta BTT do Concello de Carnota, a ruta cicloturística non competitiva que forma parte da
programación do Víndemo Ver. A décima segunda edición terá lugar o venres 18 de abril, con saída ás 09:30 dende o pavillón de Carnota.
Propóñense dous percorridos, unha ruta longa de 40km aproximadamente e outra ruta curta de 28km (aprox), ámbalas dúas circulares con chegada e saída dende o pavillón de Carnota. O horario da apertura das mesas para a recollida de dorsais será a
partir das 08:00 h no mesmo lugar que a saída e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do inicio da ruta.
As inscricións realizaranse a través da páxina web https://cronotec.es/ ata o luns 14 de abril ás 14:00 horas cun custo de 10€ para todas as persoas asistentes.
Paralela a XII Ruta BTT, organízase unha mini btt de aproximadamente 5km para a rapazada que queira seguir os pasos
dos grandes ciclistas e, ademáis, a IV Xincana de bicicletas infantil que estará instalada no pavillón de Carnota dende ás 10:00h ata ás 13:00 h. Non esquezades traer a vosa propia bicicleta e o voso casco.