San Francisco xa luce a súa bandeira azul

Este verán 6 praias da Costa da Morte lucirán a Bandeira Azul. Unha delas é a de San Francisco, en Muros, a máis concorrida do sur da bisbarrra, situada na parroquia de Louro. E ata alá foi o executivo muradano capitaneado pola alcaldesa María Xosé Alfonso para izar o distintivo.

Aos servizos que xa viña tendo San Francisco, este ano hai que engadir as duchas adaptadas para persoas con discapacidade (xa colocadas) e un aparcabicis que se colocará estes días. O concello tamén está valorando a posibilidade de acondicionar algún terreo de titularidade municipal como aparcamento nos días de máxima afluencia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).