A praia de Laxe, a única praia da Costa da Morte coa Q de Calidade


O ano pasado era a única praia da Costa da Morte con dúas bandeiras de calidade. Por agora vai polo mesmo camiño de cara a este verán de 2012. Se ben aínda non coñecemos que praias lucirán a Bandeira Azul, a praia de Laxe será a única da Costa da Morte que este ano poida lucir a Q de Calidadade Turística.
Un certificado singular, pois parece que os requisitos que impón a ICTE son bastante severos. De feito, a de Laxe será unha das 9 praias que luzan a Q en toda Galicia (xunto a 3 de Boiro, unha de Foz, dúas de Ribadeo e dúas de Viveiro), se ben só hai 173 praias certificadas en toda España.
Iso si, ningún dos nosos clubs náuticos a poderán lucir, e en Galicia só os de Ribeira, Ares e Sada poderán gabarse de tela.
Longa viaxe
Como destacan dende o propio Concello, adquirir esta catalogación é unha longa viaxe. Dende 2007 traballan dende a Oficina de Turismo para certificar todos os trámites, e dende aquela cada ano é un non parar, continuando coas melloras e mantendo a praia nas mellores condicións.
I é que non cabe dúbida que a praia de Laxe é un dos motores económicos da vila. Unha vila que cada verán se enche de turistas que disfrutan da fina, e revoltosa, area branca.
Máis información
- Concello de Laxe: Calidade Turística.
Novas relacionadas
- 2011: A única praia con dúas bandeiras.
- O Concello de Laxe edita un dvd cos seus tesouros.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
- Recunchos da Costa: Praia de Laxe.