Venres. 03.07.2020
El tiempo

A única praia con dúas bandeiras

A única praia con dúas bandeiras

A praia de Laxe vén sendo a única da Costa da Morte co distintivo Q de Calidade. Dende 2009 as bandeiras Q de calidade e a Azul comparten espacio na praia laxense, demostrando o traballo da área de turismo do Concello.

De feito, de contado porán unha brigada de limpeza de 15 persoas coas axudas da Deputación.

Se a semana pasada recibía unhas das bandeiras azuis da bisbarra, estes días o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio entregoulle este novo distintivo a través do Instituto para a Calidade Turística (ICTE).

A sesión serviu para lembrar a importancia do turismo litoral, que representa o 83% das chegadas internacionais en toda España, o 82% do gasto total de turistas internacionais, un 48% das viaxes dos residentes españois e 199 millóns de pernoctaciones de estranxeiros e residentes.

A praia de Laxe: o motor turístico do Concello

"O maior motor turístico de Laxe é a súa praia". Así o teñen claro dende o Departamento de Turismo do Concello de Laxe que valora moi positivamenteo feito de que este verán 2011 conte con dous distintivos de calidade a bandeira azul e máis a Q de calidade turística. A de Laxe é unha das poucas praias de Galicia que dispoñen de Q de calidade turística (7 en total) o que ven certificar o excelente grao de prestación de equipamentos e servizos na praia.

A principios do mes de xullo a praia someterase a unha exhaustiva auditoría de calidade que esperan superar como ata agora con éxito. A auditoría de renovación da Q de calidade turística durará dous días completos e é ordenada polo Instituto para a calidade turística española.

A Q de calidade turística obriga, entre moitas outras cousas, a establecer tódolos anos un obxectivos a cumprir, entre os do ano pasado destaca a construcción dun baño fixo na zona do Cabo da Area que estará a disposición este ano de tódolos bañistas. Entre os deste ano destacan: O desfribilador que terán este ano os socorristas, novos contedores de papel, vidro, envases e orgánicos e os conos - cinceiros que están a disposición dos usuarios na caseta de socorrismo e máis na OMIT de forma gratuíta, entre outros.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios