Segundo incendio en 4 días na mesma zona de Punta Uhía
08:00 17/07/18
Camións do GES de Muros no lume forestal de Punta Uhia
O pasado venres ardía parte da zona arborada de Punta Unhía, en Muros. Esta mesma noite de luns repetíase o conto, cunha nova alerta por incendio na mesma zona, arredor das 23:30h.
Acodían de contado Garda Civil, Infanteria Marina, Forestales Muros, Motobomba Serra e GES de Muros, puideron controlar o incendio aproximadamente ás 0:15 e extinguilo pasadas as 2:00h da madrugada.
Foi media hectárea arrasada nunha zona paralela á arrasada a pasada noite de venres.