Os traballadores municipais de Muros poñen as súas reivindicacións a ritmo de panxoliña
08 de decembro de 2025 (10:08 h.)
Aproveitando o acendido de Nadal, os traballadores municipais do Concello de Muros levaron as súas mobilizacións ante a veciñanza este pasado venres 6 de decembro.
Varios membros do Comité asistiron vestidos de negro portando na roupa as mensaxes “RPT XA!!!”, coa que esixen a creación da Relación de Postos de Traballo para acabar coas discriminacións salariais.
Armados de retranca, repartiron as súas reivindicacións a modo de panxoliñas, para que a veciñanza coñeza as consecuencias dos seus paros.
O Comité asegura que seguirán coas mobilizacións e non descartan a folga.