luns. 08.12.2025
El tiempo

Os traballadores municipais de Muros poñen as súas reivindicacións a ritmo de panxoliña

Traballadoras de Muros EPT
Traballadoras municipais de Muros vestidas de negro no acendido de Nadal
Os traballadores municipais de Muros poñen as súas reivindicacións a ritmo de panxoliña

Aproveitando o acendido de Nadal, os traballadores municipais do Concello de Muros levaron as súas mobilizacións ante a veciñanza este pasado venres 6 de decembro.

Varios membros do Comité asistiron vestidos de negro portando na roupa as mensaxes “RPT XA!!!”, coa que esixen a creación da Relación de Postos de Traballo para acabar coas discriminacións salariais.

Armados de retranca, repartiron as súas reivindicacións a modo de panxoliñas, para que a veciñanza coñeza as consecuencias dos seus paros.

O Comité asegura que seguirán coas mobilizacións e non descartan a folga.

Panxolina Traballadores Muros 1

Panxolina Traballadores Muros 2

Máis novas

Comentarios