A Coral das mil actuacións

1.000 actuacións xa é unha cifra como facela notar. E así o facemos pois a Coral Polifónica “Virxe da Barca” de Muxía vai celebrar o vindeiro domingo día 16 de xuño ter superado as 1.000 actuacións musicais.

Teñen actuado ao longo da Costa da Morte, e por toda Galicia, en lugares tan dispares como o mesmo Paraninfo da Universidade, ou no FNAC, presentando o seu CD.

Así, a cita será no mellor sitio posible, no Santuario da Barca de Muxía a partir das 12:00h. No acto estarán presentes entidades culturais e musicais, representantes políticos municipais e provinciais, membros do clero da comarca, así como os socios e amigos da Coral Polifónica muxiá.

O programa arrincará ás 12:00h, cunha sesión fotográfica, antes de dar paso a unha misa solemne cantada de acción de grazas, e a un Breve concerto da Coral. Unha vez rematados os actos servirase un viño galego para festexar coa familia coral todos os seus éxitos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Rdacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Información da Coral Polifonica Virse da Barca da man de Charo Vázquez Freire.