A Coral Virxe da Barca presenta na casa o seu novo disco "Muxía é unha serea"


Segue a Costa da Morte demostrando o seu potencial en materia coral. Hoxe a Coral Polifónica "Virxe da Barca" de Muxía invita a toda a bisbarra ao acto de presentación do seu primeiro disco "Muxía é unha serea". A cita terá lugar o vindeiro sábado día 7 ás 19:30 horas no Salón do Voluntariado de Muxía e será presentado por Xusto López Carril..
Trátase do disco que vén de gravar co patrocinio da Deputación de A Coruña e a Fundación Mans-Paideia que leva por título "Muxía é unha serea". Unha composición orixinal, en letra e música, da directora da mesma, Rosario Vázquez Freire.
Concerto en 2 actos
A Coral interpretará un programa con 2 partes diferenciadas, na primeira delas cinco panxoliñas:
- 1.- Toca o pandeiro, Manuel (Tradicional, Galiza - Arranxos: R. Vázquez Freire)
- 2.- Gloria in excelsis Deo (Tradicional, Francia)
- 3.- Natal (Tradicional, Portugal)
- 4.- Boliños do pote (Tradicional, Galiza)
- 5.- Suite comercial navideña (Arranxos: J. B. Álvarez)
E na segunda, 5 temas que forman parte do disco:
- 1.- Habaneras de Cádiz (A. Burgos – C. Cano)
- 2.- Más vale trocar (J. del Enzina, S. XV)
- 3.- A Rosalía (M. Curros Enríquez – L.E. Batallán – Arranxos: R. Vázquez Freire)
- 4.- Los campanilleros (Tradicional, Andalucía)
- 5.- Muxía é unha serea (Rosario Vázquez Freire)
Os discos poderán adquirirse ao módico prezo de 5 euros.
Novas relacionadas
- A Coral Polifónica Virxe da Barca presenta novo disco.
- A Coral da Virxe da Barca de Muxía edita un novo CD.
- O cante coral invadíu as Terras de Soneira.
- As corais da Costa lánzanse ao pop.
- A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación.
- A Coral Xan Mella graba un CD entre a súa apretada axenda .
Fonte
- Rdacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información da Coral Polifonica Virse da Barca da man de Charo Vázquez Freire.