A Coral das mil actuacións


1.000 actuacións xa é unha cifra como facela notar. E así o facemos pois a Coral Polifónica “Virxe da Barca” de Muxía vai celebrar o vindeiro domingo día 16 de xuño ter superado as 1.000 actuacións musicais.
Teñen actuado ao longo da Costa da Morte, e por toda Galicia, en lugares tan dispares como o mesmo Paraninfo da Universidade, ou no FNAC, presentando o seu CD.
Así, a cita será no mellor sitio posible, no Santuario da Barca de Muxía a partir das 12:00h. No acto estarán presentes entidades culturais e musicais, representantes políticos municipais e provinciais, membros do clero da comarca, así como os socios e amigos da Coral Polifónica muxiá.
O programa arrincará ás 12:00h, cunha sesión fotográfica, antes de dar paso a unha misa solemne cantada de acción de grazas, e a un Breve concerto da Coral. Unha vez rematados os actos servirase un viño galego para festexar coa familia coral todos os seus éxitos.

Novas relacionadas
- A Coral Virxe da Barca amosa o seu cante na Universidade de Santiago.
- Asturias disfrutou da música sacra da Coral Virxe da Barca de Muxía.
- A Coral Virxe da Barca presenta na casa o seu novo disco “Muxía é unha serea”.
- A Coral Polifónica Virxe da Barca presenta novo disco.
- A Coral da Virxe da Barca de Muxía edita un novo CD.
Fonte
- Rdacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información da Coral Polifonica Virse da Barca da man de Charo Vázquez Freire.