Venres. 19.04.2024
El tiempo

Asturias disfrutou da música sacra da Coral Virxe da Barca de Muxía

Asturias disfrutou da música sacra da Coral Virxe da Barca de Muxía

A fin de semana a Coral Polifónica “Virxe da Barca” de Muxía estivo de xira por terras asturianas. Na tardiña do venres día 16 ofreceron un concerto en Xixón do que formaron parte do programa varios temas do seu disco “Muxía é unha serea”, concerto que contou cunha numerosa asistencia e no que obtiveron un gran éxito.

O sábado 17 cantaron a misa solemne da Basílica de Covadonga durante a cal presentaron unha ofrenda realizando tamén a mesma durante a misa solemne do domingo que cantaron na Catedral "El Salvador” de Oviedo, que vemos na foto. A coral agasallou a ambos templos cunha imaxe da Virxe da Barca.

A Coral “Virxe da Barca” conta na actualidade con 39 integrantes pero nesta viaxe só pudieron participar 24. Eles e os seus acompañantes aproveitaron para realizar diversas visitar culturais, entre outras achegáronse a Avilés, Ribadesella, Cangas de Onís, os Lagos de Covadonga e as mostras máis representativas da arte prerrománica, Santa María do Naranco e San Miguel de Lillo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Rdacción de QPC ([email protected]).
  • Información da Coral Polifonica Virse da Barca da man de Charo Vázquez Freire.

Comentarios