Martes. 12.11.2019
El tiempo

A Galería Mulleres de Muxía galardoa á escritora María Xosé Queizán

A Galería Mulleres de Muxía galardoa á escritora María Xosé Queizán
galeria-mulleres-MX-queizan

A Galería Mulleres do Concello de Muxía continúa o seu labor de facer visible o traballo da muller a diversos eidos da nosa sociedade. Logo de ter recoñecido a laboura de grandes mulleres de antes e de agora, este mes de xuño o premio recae na escritora e pioneira do feminismo galego Mª Xosé Queizán.

Queizán naceu en Vigo en 1939. É Catedrática de Lingua e Literatura galega e, entre outras moitas cousas, directora da revista cultural Festa da Palabra silenciada. É un referente obrigado para o feminismo en Galicia e unha autora ineludible dentro da literatura galega.

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía

Na Biblioteca muxiá podes atopar as súas obras:

  • QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ, e outros. A homosexualidade a debate. Ed.Xerais
  • QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ. Amor de tango. Ed.Xerais
  • QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ. Ten o seu punto a fresca rosa. Ed.Xerais
  • QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ . Anti Natura. Ed. Xerais
  • Queizán, María Xosé: O segredo da pedra figueira. Colección Fóra de xogo Ed.Xerais
  • A orella no buraco. Galaxia. 1984
  • QUEIZÁN,MARIA XOSÉ. Antígona. A cartuxeira. Neuras. Galaxia.
  • QUEIZÁN,MARIA XOSÉ Despertar das amantes . Espiral Maior

Máis información

Comentarios