As traballadoras das residencias DomusVi de Carballo e Vimianzo seguen en loita por un convenio digno

As traballadoras das residencias privadas da Costa da Morte, como fixeron en outros lugares de Galicia como na de Padre Rubinos da Coruña, secundaron no día de onte a segunda das catro xornadas de folga convocadas pola CIG en demanda dun convenio colectivo digno e salarios xustos.
A pesar dos "abusivos" servizos mínimos decretados pola Xunta as profesionais realizaron concentracións diante das residencias DomusVi de Vimianzo e DomusVi de Carballo, ás que se sumaron traballadoras en servizos mínimos, aproveitando os tempos de descanso e os cambios de quenda. En Carballo, as traballadoras tamén saíron en manifestación dende o centro residencial até a Praza do Concello.

Manifestación en Compostela o próximo sábado
Osindicato fai un chamamento a participar masivamente na manifestación nacional convocada para este sábado, 26 de abril, con saída ás 11h da Alameda de Santiago de Compostela.
A folga continúa os días 7 e 21 de maio
A folga nas residencias privadas continuará os días 7 e 21 de maio e a partir de aí, de non producírense avances, avaliaranse as seguintes accións e medidas a tomar. Ademais, no caso de Vimianzo, as traballadoras acordaro