mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Costa da Morte moi presente no programa da Deputación polas Letras Galegas

Soledad Agra e Diana Varela Deputacion Letras Galegas
Soledad Agra e Diana Varela Deputacion Letras Galegas
A Costa da Morte moi presente no programa da Deputación polas Letras Galegas

Carballo, Mazaricos, Vimianzo, A Laracha ou Fisterra serán algunhas das localizacións que acollerán actividades do programa das Letras Galeas que a Deputación da Coruña presentou esta mañá no Palco da Música todas as actividades que levará a cabo con motivo das Letras Galegas 2025. As deputadas de lingua, Soledad Agra, e de cultura, Natividade González, xunto coa cormelá Diana Varela (Ed. Medulia), Xabier Díaz e outros representantes de Donaire; Xacarandaina; Zavala; Maos; Cantometrics; AELG e o documental ‘Lévame a idea’, deron conta das actividades, que serven de homenaxe á "poesía popular oral, a un grupo de mulleres cantareiras que recolleron a nosa tradición oral, que representa a idiosincrasia do noso país, e a foron transmitindo”.

Un programa anual

A programación chegará a máis de 25 concellos da provincia, e inclúe concertos, teatro, contacontos, proxeccións, presentacións literarias, adquisición de libros, xornadas, edicións especiais e publicacións.

·         3 grandes concertos temáticos:

  • Efémeras de Cantometrics (maio) en Noia, Carballo e Ortigueira
  • Zavala + Atalaias de Caión (outono)
  • 25 aniversario de Donaire (outono) en Mazaricos, Melide, As Pontes, Teo e Ribeira

·         10 proxeccións previstas do documental Lévame a idea

·         2 funcións teatrais escolares con Tanxarina + A biblioteca galáctica contra a IA fantástica en Rois e Cabana de Bergantiños

·         4 concertos das Pandereteiras de Xancarandaina en Fisterra, Betanzos, San Sadurniño e Arteixo

·         5 concertos de Donaire.

·         4 presentacións do Cancioneiro galego serodio 1989–2011, de Xabier Díaz en Trazo, Dodro, Carballo e Vimianzo

·         3 concellos acollerán a presentación do Manual de Boas Prácticas.

·         3 obras literarias adquiridas e distribuídas en bibliotecas públicas:

  • Pandereteiras de Mens
  • Cancioneiro galego serodio 1989–2011
  • A biblioteca galáctica contra a IA fantástica

·         11 obradoiros de escrita para o alumando de primaria e secundaria de diferentes centros da provincia

·         Contacontos ilustrados e musicados da obra “Cantareiras. Poesía popular nas letras galegas” para nenos e nenas de infantil e primaria

Comentarios