Venres. 19.04.2024
El tiempo

A II edición do Muros do Nordés convetirá a Lonxa muxiá nun gran lenzo

A II edición do Muros do Nordés convetirá a Lonxa muxiá nun gran lenzo
Muros do Nordes de Muxia 2017

Nova fornada de grafitis veñen a vindeira semana. Entre o 2 e o 6 de agosto en Muxía a segunda edición do evento de pintura mural Muros do Nordés. Despois do rotundo éxito do curo pasado, este ano dende a reivindicación de visibilizar e revalorizar a figura da muller de pobo de mar, neste caso a muller muxiana.

Seguindo o espírito dos proxectos Rexenera Fest e o Derrubando muros carballeses, a Asociación Xuvenil Comarea (coa colaboración do Concello de Muxía), cumpre o seu segundo ano coa esperanza de continuar uns cantos máis, e tamén coa idea de ser un proxecto cambiante que mude tanto de temática como de espazos. Este ano pintarase a Lonxa de Muxía por presentarse como espazo dispoñible así como foco de acción idóneo para tratar o tema da relación da muller e o mundo mariñeiro. Unha temática (sempre) necesaria nun contexto crítico actual no que aflora a loita pola igualdade, e coa que se pretende tanto homenaxear ás muxianas veteranas que sentiron na súa pel á vida do mar como crear un canle entre as novas xeracións e os modo de vida máis tradicionais do noso territorio.

Deste xeito estes serían os obxectivos principais do evento: visibilizar e revalorizar o papel da muller na vida mariñeira, crear espazos de encontro de cuestións locais e do territorio, dar a coñecer o potencial artístico da xente da zona e, por último, fomentar o diálogo interxeracional entre os máis veteranos e a xuventude.

Continuando coa esencia do ano anterior este ano os artistas serán na súa maioría de procedencia local (Vicki Rivadulla, Teresa Búa, Lois Búa, Gerardo Haz, Clara Toba) aínda que tamén se contará cun artista invitado, xa de renome no mundo da pintura mural, como é Yoseba MP, que realizou a maxistral “Greleira de 50 pés” no Desordes Creativas de Ordes.

O resultado da obra destes artistas promete ser interesante xa que cada un falará con voz e estilo propios: algúns dende perspectivas máis realistas, outros na recreación de mundos fantásticos, dende a ironía ou dende a melancolía. Múltiples puntos de vista que farán do mesmo tema un referente común.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios