luns. 02.12.2024
El tiempo

A mirada de 4 artistas dende Muxía

A mirada de 4 artistas dende Muxía
Dende mediados de decembro e ata este vindeiro 16 de xaneiro, a Casa das Beiras acolle unha exposición en clave máxica: "4 miradas". Lorena Lappe, Fátima Fortea, Susana P. Llorente e a muxiá Viki Rivadulla traen os seus cadros para o deleite do público da Costa e dos visitantes. Cadros que representantes esa emotividade, esa maixa, esa inconfundible paraxe solitaria que representa a Costa da Morte na voz destas 4 artistas. Xa estivemos con elas, pero hoxe as coñecemos un pouco máis de preto. E o facemos da man da filla dunha delas. Viki Barrientos, moza de 20 anos e filla de Viki Rivadulla, demostra que o deseño gráfico se pode ensinar (de feito xa o estudia), pero que tamén se leva no sangue. Barrientos realizou un catálogo tremendamente coidado, que ata recolleu as loubanzas do mesmo alcalde muxián na presentación. Ademais das imaxes que sacamos do catálogo, deixamos estes dous textos que serven para presentar esta exposición. De feito, un deles, foi lido na presentación pola mesma Luz Darriba, protagonista do mes de decembro na Galería Mulleres de Muxía.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Imaxes extraídas do catálogo realizado por Viki Barrientos.

Comentarios