Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Muller sempre está en Muxía

A Muller sempre está en Muxía
O traballo pola visibilización do traballo da muller continúa en Muxía. Logo das actividades co gallo do 25N e no medio do Programa de Nadal en Muxía, as mostras toman protagonismo. Así ao longo deste mes de decembro haberá varias mostras dedicadas á muller e porase en escea a obra “As Palilladas”, da Compañía Dequenquén. Esta obra mostra como eran as antigas palilladas, nas que as mulleres se xuntaban para palillar e compartir gastos e que ademáis da importancia económica que tiveron, foron lugares de reunión, socialización e dinamización. “As Palilladas” estará en Muxía o día 10 de decembro ás 20.30 horas no Salón de Actos do Voluntariado.

Mostra "Elas sempre están"

Xa está aberta ata o 15 de decembro a exposición Elas sempre están na Casa das Beiras, organizada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade. Esta mostra é unha homenaxe á muller rural. Conta con 15 fotografías da artista italiana Elisa Gianni e cun poema de Lucía Aldao.

Mostra "Elas fan camiño"

Chegará en breve ao Centro Social a mostra “Elas fan Camiño”, que estará aberta do 16 de decembro ao 31. Esta mostra que organiza a área de Igualdade da Xunta de Galicia, quere lembrar o papel que desde o principio da peregrinación en Galicia, a través dos camiños a Santiago, xogaron moitas mulleres, tanto mulleres coñecidas e famosas -raíñas, santas- como mulleres anónimas que chegaron ata Santiago.

Mostra de esculura e pintura "Catro miradas"

A Mostra de escultura e pintura de Lorena Lappe, Viki Rivadulla, Fátima Fortea e Susana Llorente estará aberta do 17 de decembro de 2010 ao 16 de xaneiro de 2011) Casa das Beiras. Esta mostra de catro mulleres que viven en Muxía terá un acto de inauguración adicado a Rosalía de Castro (venres 17 de decembro, na Casa das Beiras ás 20:30 h) coa intervención do Alcalde Félix Porto, a artista Luz Darriba, a poeta Rosalía Fernández e as Pandereteiras de Muxía. Precisamente á artista Luz Darriba, que estará presente neste acto e que ten importantísima traxectoria no traballo a prol da igualdade e contra a violencia machista, estará dedicada a Galería Mulleres do mes de decembro.

Teatro con Malasombra

A compañía Malasombra Teatro estará en Muxía coa obra O DÍA DO PAI o sábado 18 de decembro ás 20 horas no Salón do Voluntariado.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios