Xoves. 03.10.2024
El tiempo

A unión de consumidores imparte un curso de atención ao cliente en Carballo e en Muxía

A unión de consumidores imparte un curso de atención ao cliente en Carballo e en Muxía
UCGAL cursos carballo muxia Ao longo do mes de novembro, a Unión de Consumidores de Galicia - UCGAL - impartirá un curso de formación destinados a comerciantes e hostaleiros dos concellos de Carballo e de Muxía. A actividade "Atención ó cliente e relacións con provedores. Dereitos e obrigas", ten unha duración de quince horas que se repartirán en cinco xornadas de tres horas cada unha. Aínda que o curso está destinado principalmente a comerciantes e hostaleiros, calquera persoa interesada poderá acceder ó mesmo, sempre e cando queden prazas dispoñibles. Esta é unha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña. Datas En Muxía desenvolverase os días 7, 9, 14, 16 e 21 de novembro, a partires das 17:30 horas na Aula de formación do edificio de Servizos Múltiples - fronte ao supermercado Eroski -. No concello de Carballo levarase a cabo os días 3, 8, 10, 15 e 17 de novembro, a partires das 20 horas, no Fórum. Os técnicos da UCGAL achegarán ós comerciantes e hostaleiros formación en aspectos relativos ás relacións cos consumidores así como temas de interese como a contratación, as garantías dos produtos, os servizos financeiros, etc. UCGAL considera que a formación en materia de atención ó cliente contribúe á mellora da calidade dos servizos prestados ás persoas consumidoras e axuda a consolidar a actividade comercial e turística. Así mesmo, a formación en materia de relación con provedores incide positivamente no grao de eficiencia e produtividade de comerciantes e hostaleiros. En definitiva, a formación é unha proposta de valor engadido para o tecido socioeconómico dos concellos. Para apuntarse ou pedir máis información poden chamar ó 981 58 66 96 ou cubrir o seguinte formulario https://goo.gl/forms/iRF832bYT5oBXsMC3. Fonte

Comentarios