A ANPA e Genaro Campos achegan a pesca de baixura ao CEIP de Vilarmide

Quixo a ANPA “Rio Castro” achegarlle unha das realidades profesionais máis cercanas ao alumnado do CEIP de Vilarmide Eduardo Noya. Fíxoo organizando a visita de Genaro Campos (Muxía 1957), na que foi a 3ª charla sobre os oficios da zona, despois das visitas das enfermeiras Montse e Raquel, e dos veterinarios Samuel, Tomás e Andrea.

Este xoves, o veterano mariñeiro fixo un percorrido pola súa historia laboral. Genaro empezou no mar aos 13 anos co seu tío nunha pequena gamela. Xubilouse 40 anos despois no Gran Sol. Lembrou os seus anos felices do Canto, cando en Muxía os barcos ían á “Compañía” e os peixes enchían a lonxa . Falou do dura que é a vida do mariñeiro (un oficio que está desaparecendo entre os mozos de Muxía) a pesar das
melloras nas condicións de traballo.

Recordou aos compañeiros e veciños que perderon a vida no mar.

Acompañado pola súa filla Fani (mestra de Infantil no propio cole) tivo palabras de agradecemento e admiración para as mulleres que quedaban en casa preocupadas non só por ter que educar soas aos fillos e levar a casa, senón tamén pola angustia de non saber como estaban os seus homes no mar.

Rematou ensinando (polo menos intentouno) a facer nós aínda que o alumnado tivo bastantes dificultades (non é tan doado como parece).

Lola, filla de mariñeiro, entregoulle un agasallo en nome da ANPA “Río Castro” e o seu neto, Roi, a bandexa con Lobo Toxiño, a mascota do cole. Non o deixaron marchar sin firmar no libro de visitas.
Sen dúbida unha clase de Coñecemento do Medio que os alumn@s non esquecerán.