A gastronomía transversal do comedor do CEIP Vilarmide
Falamos moito do comedores escolares como unha oportunidade de diferenciación do ensino no rural. I é que son outra demostración da deixadez de funcións da Xunta de Galicia. O goberno popular galego leva décadas desmantelando o tesouro que representa ter un comedor propio nos centros de ensino, promovendo, sobre todo nas cidades, a transición ao catering, que ademais pasa a ser xestionado polo voluntariado das familias a través das ANPAS. Un auténtico despropósito, unha forma de rirse das familias de medio país.
Pero nesta voráxine de externalización, sobreviven os comedores dos pequenos centros de ensino do rural. Deberá ser porque non se renta aos grandes cáterings (na cidade da Coruña unha soa empresa dá de comer a preto de medio centenar de comedores colares), pero a Xunta non acaba de desmantelar os comedores nos pequenos colexios rurais, o que os convirte nun verdadeiro reclamo educativo. Porque comer caseiro e quente é un luxo que poden gozar as crianzas do rural pero non as urbanas.
Hoxe visitamos o CEIP Vilarmide, onde teñen moi claro que a comida forma parte do programa educativo. A cociñeira, Ana Noya, natural de Muxía, baixo a coordinación da respomsable, Luisa Gerpe, fai comida para 33 crianzas, e un total de 40 comensais. “Comer ten que ser algo agradable, algo divertido”, sinala Luisa, unha das encargadas de trasladar unha visión integral, saudable e ecolóxica da forma de alimentarse.
Comer, parte do programa escolar
Ademais de falarlles de temas sociais e solidarios (o Sáhara, as xentes sen fogar, a multilación xenital feminina, o papel da Polícía Local… Luisa tamén lles fala dos impactos ecolóxicos do que consumimos, dos envases de plástico nos que vén en moitos alimentos, ou na incidencia dos produtos do outro lado do planeta, tanto por contaminación nos longos desprazamentos como as realidades desas megaplantacións que arrasan selvas anaco a anaco.
”Charlamos destas cousas moi a menudo, case de forma natural”, sinala debullando ese xeito de educar de xeito transversal, no que a diario se reflexiona sobre os efectos da bollería industrial na obesidade ou en temas como o do aceite de palma (só consumen Aceites Abril, polo menos envasado en Galicia). “Dende hai pouco usamos pasta e arroz integrais e se adaptan perfectamente”, sinala.
Incluso a parte de atrás do menú semanal que entregan ás familias, sempre van con mensaxes sobre cociña saudable, sobre as Letras galegas, o Magosto...
Comercio local
O centro ten claro que os produtos teñen que saír da zona. Boa parte a compran nas tendas e nos supermercados de Muxía, en Eroski ou Froiz, axudando tamén a manter o emprego local.
Pero tamén teñen proveedores directos como a Panadería Casais de Senande, carnicería Mila, Froitas José Ramón, a peixería Maruxía de Muxía ou os Ovos Santa Clara de Meanos, Zas.
Menú
Todas as semanas, de primeiro cae sopa ou caldo; alubias, fabas ou garabanzos, sempre de denominación de orixe española (que non é o mesmo que envasadas en España); chícharos con xamón ou xudías con ovos; crema de zenoura ou mesmo tosta aproveitando o pan sobrante.
De segundo, un día terneira galega (comprada na carnicería Mila) con arroz ou guiso; un día polo; outro porco, en forma de albóndigas ou mesmo de hamburguesa, que co pan de Senande sabe moito.
Hai tamén días de peixe fresco, recén traído da lonxa e da peixería local, e outros días que toca pizza caseira ou empanadillas, feitas no forno da casa.
De sobremesta, cae froita de temporada (todas de aquí menos os plátanos) ou iogur unha vez á semana, e cando hai bo tempo ás veces cae un xeado.
Unha deita mediterránea ben variada e rica. E quente!

Máis novas










