O CEIP Vilarmide mergúlla polo 8M na realidade das mulleres sen familia que viven no Fogar de Santa Lucía
Tamén se notou o 8M nos centros de ensino, como o CEIP de Vilarmide Eduardo Noya, cuio alumnado está afeito a coñecer a realidade do mundo empezando polo máis cercano. Este luns 9 de marzo, para conmemorar o Día da Muller recibiu a visita da directora e da administrativa do Fogar de Santa Lucía acompañadas por 2 usuarias. Durante máis dunha hora compartiron cos nen@s a súa vida na institución.
O Fogar de Santa Lucía acolle a 19 mulleres que por distintas causas non teñen familia que as poida coidar. Alí encontran apoio e un lugar onde vivir, onde aprender, e onde tamén hai tempo para a diversión (excursións, festas, conmemoracións de días sinalados...) Explicaron que cada muller durme nunha habitación individual dado que a intimidade é tamén un aspecto vital importantísimo.
Conviven mulleres de distintas culturas, razas ou relixións nun clima de respecto mutuo e de familiaridade.
Non é a 1ª vez que visitan o colexio, xa que xunto cos chicos do Fogar de Sor Eusebia viñeron en anos anteriores con motivo do Nadal Solidario que organiza á comunidade escolar e recolle doces típicos de Nadal, regalos para @s usuari@s e sobre todo as postais de felicitación personalizadas co nome de cada un/unha.
A directora, que é a traballadora social da institución, transmitiu que moitas realidades que nos parecen lonxanas, como o matrimonio forzado, a trata de persoas, ou o analfabetismo xa pasaron polo Fogar. O alumnado coñece ben estes temas xa que tamén difunden a labor de Mundo Cooperante e a venta de as pulseiras masais para acabar coa mutilación xenital feminina (MGF), os matrimonios forzados e procurar que a educación chegue ás nenas dalgúns dos países máis pobres do mundo.
As chicas marcharon moi agradecidas polo cariño que lle transmitiu o alumnado, prometendo volver en decembro para celebrar, un ano máis,o Nadal Solidario.









