As Festas son protagonistas dunha exposición en Muxía

Se Muxía ten unha cita en Vimianzo coa inauguración da mostra de Viki Rivadulla, Muxía tamén quere ter espazo para as súas exposicións. Abre o Concello de Muxía unha exposición sobre as "Festas de Muxía".

Unha exposición que xa está aberta na Casa das Beiras ata o 27 de outubro, e na que a Barca, o Mercado das Rutas do Mar ou a mesma Santiña son protagonistas.

Canta Música

Ademais, o sábado ás 18:00, no Salón de Actos do Voluntariado, os nenos e nenas de Muxía poderán disfrutar desta actividade de canto, música e xogos en lingua galega Haberá cancións infantís e xogos relacionados con estas cancións e coa fala (como adiviñas, trabalinguas ou rimas), así como algunha melodía cantada acompañada dos ritmos básicos da nosa cultura musical, acompañada de pandeiretas, cunchas, castañolas, outras percusións menores e guitarra.

Novas relacionadas

Fonte